Na sociedade actual atopar o tempo necesario para dedicarlle os estudos é unha tarefa complicada debido o tempo, conciliación, traballo, etc. Polo que cada vez son máis as persoas que optan por este tipo de modalidade. A formación a distancia ten unha serie de ventaxas que a continuación citaremos. É importante garantir que o centro de aprendizaxe a distancia está plenamente acreditado.

Conciliación: é a principal ventaxa a hora de elixir esta opción, é moi complicado compaxinar a vida social e familiar cos estudos e máis aínda cun traballo polo que a formación a distancia é totalmente compatible xa que márcaste uns horarios de estudo e dedicación o día e organízas a túa propia axenda.

Lugar de residencia: Da igual onde vivas, nunha gran cidade ou nunha vila, xa que non que desplazarte.

Flexibilidade: como citamos anteriormente tes o poder de organizar o teu tempo como queiras e marcarte unas horas de estudo e dedicación, cada un pode ir o seu ritmo de traballo.

Aforro de tempo e diñeiro: non tes que asistir a clases nin desplazarte xa que o fas todo desde casa, iso supón un gran aforro de cartos e sobretodo tempo.

A atención é persoalizada e individual xa que podes expor as túas dúbidas co tutor de forma colectiva e individual, ademáis dunha boa interacción, normalmente hay uns horarios de titorías onde podes expoñer temas, dúbidas ou aclaracións, e as facilidades das que se dispoñen a través de foros, videoconferencias, chats, etc.