Dirixido á xuventude que está en búsqueda de emprego e non está nin formándose nin traballando por conta propia ou allea, e queren lograr a súa inserción laboral.

Os requisitos para poder estar inscritos en garantía xuvenil son os seguintes:

  • Ter a nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suiza, ou tamén ser extranxeiro/a titular da autorización para residir en territorio español que o/a habilite traballar.
  • Estar empadroado en calquera das localidades do territorio español.
  • No momento da inscripción tes que ter máis de 16 anos e menos de 30.
  • Non haber traballado nin recibido accións educativas e/ou formativas o día natural anterior á fecha de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa do interés en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións levadas a cabo. No caso dos demandantes de emprego, bastará coa súa inscripción nos servizos públicos de emprego.

Algunhas das ventaxas de estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil son:

Axudas na contratación para as empresas para contratar á xuventude menor de 30 anos cunha serie de bonificacións e reduccións na Seguridade Social para os Autónomos.

As comunidades autónomas poñen en marcha distintos programas e medidas dirixidas á mocidade inscrita no Fichero do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Formar parte do Fichero do Sistema Nacinal de Garantía Xuvenil permitirá que as entidades participantes nos diversos Plans de Emprego poidan contar contigo nas diferentes convocatorias de educación, formación, prácticas, aprendizaxe, emprego e autoemprego. A finalidade e mellorar a incorporación da mocidade no mercado de traballo.

As formas de inscribirse no Sistema de Garantía Xuvenil entre outras e a través da túa oficina de emprego ou a través da seguinte ligazón: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action