Muller/Vídeo animación conto pola igualdade no mundo

Actuacións de sensibilización e concienciación social en materia de igualdade e prevención de violencia de xénero. Conto pola igualdade no mundo, rompendo estereotipos «Mamá é forte, Papá é sensible».

♀♂ DESCARGA AQUÍ O TEU CONTO (vídeo animado) para empregar na aula ou en familia ..

Un conto no que a modo de historia sinxela e divertida recollemos situacións de igualdade ou desigualdade nun día a día nun mundo actual e futuro vinculado á tecnoloxía, para procurar unha infancia e xuventude con coñecemento e valores, con lámpada e corazón, cunha mente pensante e crítica á vez que con valores humanos. É ademais o Primeiro conto pola igualdade feito inédito en Ourense por unha ilustradora e unha escritora ourensanas co apoio de todo o equipo de valoReSC onde se conta unha historia na que se entrelazan reflexións sobre os diferentes estereotipos de xénero.

♀♂ PODES SOLICITAR O CONTO FÍSICO tamén para empregar na aula ou en familia .. (ata límite de existencias para persoas docentes e familias), en modo dixital a petición.

AS MIÑAS CHAPAS PARA EDUCAR

Para ter máis impacto a nivel educativo está en varios colexios ademais do conto a colección “unha chapa para educar”, complementando a difusión tamén a varias familias usuarias da entidade, nos centros cívicos, entidades sociais colaboradoras etc, dirixida ás nenas e nenos coas mensaxes e persoas que rompen estereotipos dos que falamos antes (por que as mulleres cobran menos, non somos princesas, podemos ser científicas, un home pode traballar de coidador, ser sensible, etc). As chapas están de moda, as rapazas e rapaces lévannas en estuches, mochilas, na roupa, no móvil, etc. Nenos e nenas contribúen a un tempo a que estas mensaxes non sexan invisibéis e toman conciencia de que estas ideas non teñen que ser as establecidas.

.. e así moitos máis esterotipos … que vos animamos a atopalos para que non estean normalizados como di a ONU, e así poder traballar sobre eles e educar noutra forma de pensar e entender as crenzas adquiridas:

HOXE TOCA AGRADECER…

AGRADECEMOS a colaboraciòn inicial do Concello de Ourense (Concellaría de Igualdade) no deseño das ilustracións, na nosa procura tamén dunha coordinación cos distintos axentes de igualdade no territorio para prermitirnos facer un traballo óptimo, e eficiente.

Charlas divulgativas SUPER HEROÍNAS apoiándonos na publicación galega Pioneiras empregando o uso das novas tee cnoloxías formamos en igualdade e puxemos en valor o traballo pioneiro de diversas mulleres galegas referentes na nosa aterra e que é importante tomalas como base para educar e fomentar a iguadade dende as actividades cheas de obstáculos no seu tempo, e heroicas de mulleres reais,  que aínda hoxe son exemplo para moitas de nós. Mulleres galegas das que temos moito que aprender para ensinar igualdade e procurar cambios sociais como elas o fixeron.