Innovación Social e Inclusión

Facilitamos alternativas, recursos e itinerarios de integración social a persoas en risco de exclusión coas que estamos a traballar para mellorar a súa inserción laboral a través do proxecto WORK CITY, JOBS CITY, Cidades polo Emprego empregando ferramentas innovadoras a través do coaching, a intelixencia 4.0, e técnicas intelligence de última aplicación.

Garantimos o apoio ás familias como marco de referencia no que se desenvolven as persoas. valoReSC nos proxectos que está levando a cabo ten moi presente este aspecto, de feito parte da base de que é fundamental o apoio á inserción laboral das familias para que dispoñan de recursos para xerar un marco estable de crecemento e desenvolvemento persoal e profesional así como o apoio emocional a través do coaching. Isto facémolo no programa “FAMILLY OPORTUNITY, familias con oportunidades, familias felices, familias con futuro” para que os seus membros poidan atopar un traballo ou solucionar un conflito, entre outras actuacións.