Innovación en Igualdade

♀♂

 

Accións específicas e innovadoras de promoción da igualdade e non discriminación por razón de xénero.

Prevención da violencia de xénero apostando polas relacións igualitarias, solidarias e respetuosas entre mulleres e homes e combatindo a violencia, maltrato ou a trata de mulleres e homes.

Os nosos “Espacios Coeduca” fomentan unha educación equitativa e igualitaria en libertade e convivencia coa diversidade, promovendo un modelo coeducativo onde non teña cabida ningún tipo de discriminación.

Tamén desenvolvemos actividades e proxectos relacionados coa conciliación da vida laboral e familiar, e o coidado de menores, así como o impulso e desenvolvemento de estudos e análise así como colaboracións para o avance social e educativo neste campo.

Temos á disposición das persoas usuarias un gabinete psicolóxico de axuda para casos de violencia de xénero.