Co noso programa gratuito Arca de Noé temos o obxectivo de favorecer a inserción laboral das persoas que máis o necesitan, en risco de exclusión social, persoas vulnerabeis así como inmigrantes.


Ofrecemos un servizo persoalizado de orientación laboral e intermediación entre a empresa e o futuro traballador ou traballadora. Para elo realizamos actividades que van dende a continua prospección do mercado de traballo, intermediación coas empresas, ata o asesoramento, a orientación, formación, o acompañamento e o apoio no proceso de búsqueda, acceso e mantenemento do posto de traballo.


Dispoñemos dun departamento de apoio legal para facilitar as nosas persoas usuarias asesoramento e axuda cos seus trámites.

¿En que te podemos axudar?

▪ Asesorar sobre o mercado laboral e oportunidades laborais e acompañar na búsqueda activa de emprego.
▪ Realización de itinerarios de inserción con entrevista ocupacional, deseño e desenvolvemento de itinerarios individualizados.
▪ Informar, asesorar e orientar sobre os recursos formativos que poden contribuir á inclusión laboral.
▪ Intermediación laboral e prospección do mercado laboral para facilitar a empregabilidade das nosas persoas usuarias.
▪ Captación de ofertas de emprego en consonancia cos perfís ocupacionais das nosas persoas demandantes.
▪ Prácticas e visitas a empresas, intermediación laboral e seguimento da contratación.
▪ Informar ás empresas sobre subvencións e axudas das que poden beneficiarse na contratación das nosas persoas usuarias e sensibilizar as mesmas para a contratación de personas con especial vulnerabilidade.
▪ Asesorar e axudar a persoas inmigrantes cos trámites de estranxeiría.