De cando nace valoReSC…

A ONG valoReSC, constitúese no ano 2003 na cidade de Santiago de Compostela, para promover a innovación en valores no seu máis amplo espectro e nas diferentes esferas (especialmente a social, educativa, económica, empresarial, etc.) atendendo de maneira especial aos conceptos éticos que emanan da Responsabilidade Social Empresarial e que se porán en valor a través de diferentes proxectos sociais nos que participan sempre algunha empresa e/ou emprendedor/a, unha administración, distintos actores sociais e /ou persoas destacables pola súa excelencia e valor social.

A súa sede principal e permanente radica na cidade de Ourense e posúe tamén unha sede delegada en Santiago de Compostela así como colaboracións noutros lugares do mundo.

1 Os nosos obxectivos

valoResc nace co obxectivo de innovar en estratexias, ideas e accións que xeren valor social real, e pretende fomentar unha visión participativa e colaborativa entre individuos diferentes, organizacións, institucións ou empresas, axudando a construír unha sociedade comprometida cos dereitos humanos que son os mesmos en todos os lugares do mundo, co futuro, co medio ambiente, a educación, a solidariedade, a economía da responsabilidade e en xeral o ben común e social. Estamos enfocados ademais á investigación e á innovación educativa para poder xerar idearios e plans directores que impulsen e xustifiquen actuacións sociais innovadoras e con utilidade, practicidade e utilidade real.

  • valoReSC promove a proximidade entre as empresas, as organizacións e as persoas coa sociedade,
  • para xerar accións e comportamentos excelentes que axuden a avanzar cara unha sociedade futura máis avanzada, intelixente e próspera,
  • promovendo en definitiva un importante compromiso social e unha mentalidade máis responsable coas sociedades do mundo dende proxectos innovadores e singulares.

que nos interesa

Por iso é prioritario para nós traballar cos colectivos do futuro: a infacia, os xoves, as mulleres en xeral e sobre todo as mulleres ou persoas que son vítimas de violencia, de discriminación ou en exclusión para que poidan ter un futuro mellor, así como tamén coas persoas con menos recursos sociais; e aproveitar tamén o coñecemento dos maiores; en xeral influir na educación e na esfera social e empresarial para promover dende eses estamentos valores e principios humanos universais que son a base do progreso local e global.

traballamos con …

  1. Infancia en exclusión social, menores e xoves, familias.
  2. Persoas en exclusión social e de severa/extrema vulnerabilidade: persoas sen emprego e ou de extrema vulnerabilidade, inmigrantes e emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou dependencia (maiores), con adicións e toxicomanías, expresidiarios, mulleres vítimas de violencia ou trata, refuxiados, persoas con escasez de recursos, problemáticas escolares ou carencias educativas ou á inversa (superdotación, altas capacidades, etc.).
  3. Mulleres e homes para a conciliación e promoción da igualdade, e mulleres vítimas de violencia de xénero.
  4. Maiores e persoas dependentes.
  5. Persoas beneficiarias de proxectos relacionados coa saúde.
  6. Poboación rural ou relacionada con ese eido…
  7. Persoas beneficiarias de servizos xerais á comunidade.
  8. Empresas, administracións e entidades sociais, científicas e culturais, e sociedade en xeral.

onde podes atoparnos e contactar …

A nivel de administración e para proxectos de alcance supra-provincial e nacionais ou internacionáis posúe unha sede principal radicada na localidade de Santiago de Compostela.

Sede Delegación Santiago: casa das Asociacións.  

Sede social situada na cidade de Ourense.

Existen outras sedes delegadas a través de colaboracións puntuais noutros lugares.

Sede de Ourense: Rúa Julio Prieto Nespereira, 21 – baixo, 32005 de Ourense

Teléfono de contacto: 988 06 28 63

¿Sabías que? ….

Os nosos programas de colaboración con centros de ensinanza no ámbito emprendedor fomentan a cultura emprendedora, especialmente na infancia e na xuventude.

Xestionamos prácticas empresariais e detectamos as habilidades nas persoas xoves, mediante o programa «Deseña o teu Futuro»  axudámoslles a encontrar a actividade profesional na cal dirixirse con motivación, coñecer o mercado laboral e coñecer opcións laborais adecuadas ao seu perfil.

Contamos co  Clube de Emprego para axudar ás persoas desempregadas no seu proceso de búsqueda de emprego, mediante grupos de motivación, mentorización e orientación laboral, e intermediamos co tecido empresarial.

Na actualidade estamos a traballar en varios proxectos de investigación para o desenvolvemento empresarial no ámbito rural e local, o cal inclúe un programa de impulso da mentalidade emprendedora na infancia e adolescentes.

No ámbito de maiores, igualdade e conciliación laboral, promovemos programas de divulgación, grupos de apoio e atención psicolóxica.