Voluntariado Sénior

IKIGAI, o Clube do Talento Sénior, é o primeiro clube galego de talento sénior, unha comunidade en rede, e un punto estable de talento sénior que cunha marca propia, está fomado por varias persoas maiores expertas en distintas áreas.

Maiores de 55 anos expert@s en distintas áreas fanse visibles, axudan a crear FUTURO, asesoran e emprenden, e a súa experiencia é un VALOR SOCIAL para a XUVENTUDE, as MULLERES e a SOCIEDADE en xeral.

No noso obxectivo inverso o traballo en rede permítenos tamén que o envellecemento destas persoas sexa activo e máis humano, amable e pleno para el@s mesmos, máis motivados, integrados e apoiados tamén socialmente xerando un efecto positivo na súa saúde física e mental.I

Por un mundo mellor

Estas últimas semanas fixemos actividades relacionadas coa igualdade de xénero, mentorizamos a persoas vvx e a persoas en exclusión social, colaboramos na formación para o emprego a persoas en exclusión. Ademis vimos de axudar á participación de valoReSC na Feira de Igualdade Art Woman na que promocionamos a actividade contos singulares pola igualdade no mundo.

Identificando necesidades

Pois estes días andamos pensando 😊 dándolle á cabeza para promover actividades orientadas á innovación e investigación en relación co benestar das persoas maiores e actividades orientadas á catalogación de necesidades comunitarias destinadas a recoller iniciativas de mellora dos servizos comunitarios. Para iso reunímonos algunhas persoas maiores con inquedanzas e de distintas áreas (educativa, empresarial, etc para poñer en común necesidades e ideas).


 “pois sí, pois sí, hoxe reunímonos o clube ikigai para falar de ideas e necesidades que temos as persoas maiores”

A tope coa tecnoloxía

Neste Clube as TICs non son un obstáculo senón unha oportunidade de aprendizaxe e de mellora continua para ter a nosa mente activa e retala a novos coñecementos.

Rompendo estereotipos, e conectando con outras xeracións

Algunhas actividades están orientadas a eliminar estereotipos sobres as persoas maiores e axudarnos a crear unha imaxe máis social e dinámica deste colectivo do que formamos parte, e a fomentar a cooperación interxeracional entre as persoas mozas e persoas maiores, como xeito de aprendizaxe mutuo. Sentímonos de maravilla cando interectuamos con xente nova e aprendemos xunt@s.

A nosa esquerda a colaboración e experiencia d@s SECOT rompe estereotipos e aporta coñecemento e asesoramento para apoiar novas ideas e emprender con garantías, á dereita NETWORKING empresarial, empresari@s referentes de axuda para  contactos con empresas a persoas desfavorecidas ou con dificultades para empregarse en xeral así como para persoas mozas a nivel interxeracional ou para promover calquera proxecto en xeral.
Durante o verán e o curso  colaboramos en diversas actividades de innovación educativa calquera proxecto en xeral. Apoiar a educación e implicarnos en actividades con matices de interxeneracionalidade gústannos moito no Clube¡!
Máis actividades interxeneracionáis en pro da igualdade.
Hoxe subimos ao blog unha das actividades de Ocio con Valores: relaxación e coidado da saúde.