Calendario

DESCARGA AQUÍ O TEU CALENDARIO POLA IGUALDADE E CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS



EN XANEIRO DICIMOS NON AO STALKING, SEXTING E GROOMING!


¿Que é o «sexting»?

O «sexting»? é a actividade de enviar imaxes, videos ou mensaxes de índole sexual ou contido erótico a través de dispositivos tecnolóxicos, ben a través de aplicación dos teléfonos, como das redes sociais ou outras aplicacións e ferramentas tecnolóxicas.

Debemos ter coidado co que enviamos pois a viralización deste tipo de mensaxes pode provocar un dano elevado para a nosa persoa.  Non esquezas as consecuencias de enviar este tipo de contidos íntimos, e que pode convertirse nunca “sextorsión”, non permitas que ocurra isto, prevee estas situacións e se che suceden consulta o teu caso. Non ao chantaxe, ameazas e intimidación, non teñas medo de falar diso con persoas especailizadas e co teu entorno para frear estas agresións.

¿Que é o «grooming»?

O «grooming» refírese ao acoso sexual realizado a un nen@ por un/unha adult@. As persoas adultas agresoras utilizan un perfil falso para contactar cos menores e empezar unha relación de amizade que termina en acoso.

EN FEBREIRO ERRADIQUEMOS A COSIFICACIÓN DAS MULLERES: CORPO SÍ, COUSA NON

Únete a esta reinvindicación e descarga o calendario deste mes!

A cosificación deshumaniza ás mulleres e amosáas como cousas ou obxectos non pensantes. A cosificación é unha forma de violencia machista e que está normalizada, neste mes facemos un chamamento para tomar conciencia deses mensaxes que inclúen esta idea da muller, para identificalos e entre todos cambiar a nosa sociedade para un mundo mellor.

MARZO SEN CADEAS: PROTEXE A TÚA INTIMIDADE, SE LIBRE

Únete a esta reinvindicación e descarga o calendario deste mes!

O mal uso da tecnoloxía pode atarnos, sentirnos presos e menos libres. Non te ates a nada nin a ninguén, a túa felicidade depende en gran medida de que te sintas libre.

EN ABRIL UN MUNDO MÁIS HUMANO: NON Á BRECHA DE XÉNERO

Únete a esta reinvindicación e descarga o calendario deste mes!

Segundo o INE, as mulleres adican o dobre de horas ás tareas do fogar que os homes, con ou sen fillos, activas ou paradas.

Neste mes queremos reinvindicar a corresponsabilidade no fogar.

Eduquemos e tomemos conciencia deste problema para erradicar a brecha de xénero, evitar estas situacións axudará a ter un futuro mellor para todas as mulleres que queres. A falta de acceso ao mercado laboral está moitas veces ligada ao rol da muller nas familias, o que deriva nun futuro desigual, prestacións máis baixas e máis dificultades para o acceso a un mercado laboral de calidade.

EN MAIO TRATÉMONOS COMO IGUAIS: FAI BO USO DA TECNOLOXÍA


Únete a esta reinvindicación e descarga o calendario deste mes!

A tecnoloxía está presente no noso día a día, pero é importante facer bo uso da mesma. Ten coidado coa información que envías a través das ferramentas tecnolóxicas.

Se nos tratamos como iguais seremos máis conscentes de que hai comportamentos e condutas que non son apropiadas, o que non che guste para ti non o fagas coas demais persoas.

EN XUÑO LEMBRO: AS MULLERES PODEN SER EXECUTIVAS, CIENTÍFICAS, ETC. O SEU CORPO NON PODE CONDICIONAR A SÚA PROFESIÓN

Únete a esta reinvindicación e descarga o calendario deste mes!

As mulleres somos grandes profesionais, e o recoñecemento que merecemos non debe estar ligado por riba do noso talento e resultados laboráis ao noso físico ou cualidades estéticas.

EN XULLO: ENCADÉATE A VIDA, PROTEXE A TÚA INTIMIDADE

Únete a esta reinvindicación e descarga o calendario deste mes!

Se perdemos liberdade non seremos nós mesmas, e perderemos o noso potencial de crecemento. Encadéate á vida e vive intensamente cada momento, aprendendo e sendo a mellor versión de Ti mesma que poidas ser.

EN AGOSTO PODES ESTAR OU NON DE VACACIÓNS APOIO PERO APOSTA POLA CONCILIACIÓN

Únete a esta reinvindicación e descarga o calendario deste mes!

Conciliar é vida, mulleres e homes debemos facelo e poder traballar e disfrutar da vida e da familia.

EN SETEMBRO VOLTAMOS Á RUTINA TRAS A ÉPOCA ESTIVAL, E OLLO¡! QUE NINGUÉN TE CONTROLE

Únete a esta reinvindicación e descarga o calendario deste mes!

A tecnoloxía é maravillosa pero debemos usala para ter unha vida mellor, nunca para facer dano, non deixes que ningunha parella che controle o teu móvil, apps, etc.

EN OUTUBRO DÁMOSLLE A VOLTA AOS ESTEREOTIPOS

Únete a esta reinvindicación e descarga o calendario deste mes!

Démoslle a volta aos estereotipos de xénero, hai que atopalos e erradicalos, e sobre todo ser conscientes das violencias machistas que temos arredor normalizadas en moitos ámbitos.

EN NOVEMBRO SEI DIFRUTAR E SEI AMAR

Únete a esta reinvindicación e descarga o calendario deste mes!

Só se te queres a ti mesma poderás querer a outras persoas con liberdade e sen medo e inseguridade. En moitas ocasións non vimos acostumadas a aplicar esta premisa na nosa vida como importante e descubrimos tarde esta realidade. Aprendamos canto antes isto para disfrutar plenamente da vida e tamén para saber afastarnos de situacións e persoas que nos fan a menos ou sentirnos inferiores ou feridas.

EN DECEMBRO APOSTAMOS POLA DIVERSIDADE, TAMÉN PARA O PRÓXIMO ANO!

Únete a esta reinvindicación e descarga o calendario deste mes!

Por encima dos xéneros somos persoas, cheas de soños, de preocupacións pero de tamén de ilusións.

A diversidade ábrenos unha fiestra ao mundo, ao coñecemento de vivencias e realidades distintas a través das desas outras persoas que teñen moito que contar. Aproveitemos a diferencia para facernos máis próximos e iguais a outras persoas, e para ser máis humanos e mellores no mundo. A diversidade suma, Ti sumas sempre tamén.