Procuramos realizar investigacións e análises para atopar e corrixir as dificultades que os mozos e mozas topan no seu camiño na vida e cara ao mercado do traballo. Á procura de solucións aos seus problemas específicos: Desemprego, acoso laboral, fracaso escolar, prevención das adiccións e/ou bo uso das novas tecnoloxías

  • Deseñando o teu futuro. O programa de xuventude busca acercar aos mozos e mozas ao seu futuro profesional e dotalos das competencias precisas para poder ter saías laborais e persoais en colaboración coa Xunta de Galicia.

  • ORIENTAT. Somos a entidade colaboradora en Galicia dunha fundación americana, proporcionamos ás persoas mozas ferramentas para orientalas e motivalas para continuar a súa formación e que sexa adecuada ás súas capacidades e peotencialidades e talentos, así como para influir nas taxas de abandono escolar e que baixen en Galicia e na provincia de Ourense. Isto facémolo a través do programa “Las ventajas de permanecer en el colegio” e o programa de orientación laboral e educativo xuvenil.

  • Prevención do acoso escolar. Ensinamos valores e comportamentos sobre a igualdade de xénero e a prevención da violencia e/o maltrato e empregamos metodoloxías internacionais de resultados testeados con excelencia para levalo a cabo.

  • Socialmedia: Facilitamos o acceso ás novas tecnoloxías con respeto, valores e ética e previmos comportamentos de uso das redes sociais de xeito perigoso.

  • Investigación e análise da realidade da infancia e adolescencia da provincia. Inculcamos tamén o aspecto da innovación e o i+d+i na súa vida e tentamos que aprendan o uso das novas tecnoloxías ben aplicadas e con seguridade á súa vida.

  • XOVES CON FUTURO: A través do programa WORK TALENT, TALENTWORK, captamos e selecionamos perfís xoves con talento para acadar a súa inserción laboral. valoReSC ademáis no relativo á inserción laboral como pilar para o desenvolvemento familiar contempla o apoio especial ás familias que non dispoñan de recursos para axudarlles a crear un marco estable de crecemento de desenvolvemento persoal e profesional así como o apoio emocional a través do coaching. O programa “FAMILLY OPORTUNITY, axudaranos a ir tendo familias con oportunidades, familias máis felices, familias con futuro” e tentará que os seus membros poidan atopar un traballo ou solucionar un conflito familiar, desenvolverse con maiores recursos económicos, dispor de ferramentas emocionais útiles, etc.