Súmate a nosa campaña «Que non che conten contos!», a través da nosa colección de contos e diverso material educativo traballamos coa infancia nos centros escolares e de ocio con nenos e nenas de infantil e primaria, asé coma coas familias para promover un mundo máis igual onde os estereotipos e roles de xénero desaparezan.


Os nenos son fortes e as nenas sensibles, as nenas princesas e os nenos cabaleiros, asé coma outros esteteotipos de roles segundo o xénero que constrúense na infancia e son a base de futuras consecuencias negativas que observánse en gran medida a partires dos 10 anos e que amosan riscos e danos nas persoas, sendo peores nas mozas.

Estas son as principais conclusións do estudio Global Early Adolescent Study, elaborado en 15 países pola Organización Mundial de la Salud e a Universidad de John Hopkins (Baltimore, Estados Unidos).

Dende hai algúns anos a ONU promove diferentes campañas para fomentar a igualdade de xénero e previr a vioencia de xénero, unha das máis representativas foi a campaña do ano 2014 onde persoas de todo o mundo- entre elas, celebridades e famosas/os en diversos ámbitos-, sumáronse á campaña que se fixo viral “HeForShe”. Unha recente investigación de E. Alemany,  acaba de poñer tamén de manifesto unha infinidade de estereotipos en contra da igualdade e a favor da violencia machista de xeito subliminar e inconsciente que nos rodean. Rompamos esta cadea para cambiar palabras e investir pensamentos.

Que non che conten contos… a diversidade e a diferencia de roles non son cousa de xénero!

Se pertences a algún centro escolar podes pedir o material na nosa ONG mediante correo electrónico, envíanos unha mensaxe a mundomellor@valoresc.org