As competencias clave son os requisitos formativos as cales garantizan o alumnado poseer os requisitos específicos necesarios para poder acceder os certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 e 3. Para os certificados de profesionalidade de nivel 1 non se precisa requisitos de acceso.
As competencias clave divídense nas seguintes asignaturas independentes que son: lingua castelá, lingua galega, matemáticas e linguas extranxeiras.
Para demostras que tes as competencias clave debes poseer algunha das seguintes titulacións ou acreditacións oficiais:
- Para as de nivel 2 ter o título da E.S.O. ou nivel 3 o Bacharelato ou equivalente
- Un certificado de profesionalidade do mesmo nivel
- Un certificado de profesionalidade de nivel inferior da mesma familia ou área profesional
- Para as competencias clave de lingua galega é necesario o Celga 2 para o de nivel 2 ou Celga 3 para o de nivel 3
- Ter superado con éxito as probas das competencias clave
Para adquirir as competencias clave é necesario presentarse á realización dun exame ou proba de cada unha das asignaturas que as componen independentemente. O Instituto Galego das Calificacións realiza convocatorias públicas das probas de avaliación, as cales se publican no Diario Oficial de Galicia (DOG), onde aparece onde terán lugar, prazos de inscripción, documentación, etc.