Ir arriba

Ícono menú móvil
Teléfono de contacto
988 06 28 63
604 08 98 04

PROGRAMA: Galicia Moza con ALMA. A túa oportunidade para o salto europeo


QUE É?

Un programa de inclusión social que che ofrece ferramentas mediante prácticas formativas non laborais nun país estranxeiro, e unha experiencia de mobilidade na Unión Europea.

👉 INCRÍBETE XA! SÓ 5 PRAZAS DISPOÑIBLES!

QUE CHE OFRECEMOS

  • Formación previa en habilidades, competencias e idiomas (socio-lingüística e intercultural).
  • Prácticas formativas non laborais nun país da UE para gañar experiencia real e autonomía durante 4 meses.
  • Percibirás unha bolsa para cubrir os gastos de manutención durante a túa estancia no estranxeiro.
  • Contarás con apoio e seguimento titorizado tanto en Galicia como no país de destino.
  • Seguimento continuado ao volver para aplicar as novas capacidades na busca de emprego ou formación.

PARA QUE É

Se tes entre 18 e 30 anos e buscas o teu oco no mercado laboral por estar nunha situación de vulnerabilidade* e cumples con:

  • Estar inscrito/a e ser beneficiario/a do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) en Galicia.
  • Estar empadroado/a en Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  • Atoparse en situación de vulnerabilidade (baixo nivel formativo, desemprego de longa duración, estar empadroado/a nun concello rural (1) ou estar en risco de exclusión social (2).

DURACIÓN

A fase de mobilidade no estranxeiro ten unha duración de 4 meses consecutivos.

Non é só unha viaxe. É a túa oportunidade. Participa!


(1)  Considéranse rurais todos os Concellos galegos excepto os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra y Vigo. 

(2)  Estás en situación ou risco de exclusión social conforme ao establecido no artigo 3.1 da Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, por:

a) Estar en situación de cargas familiares non compartidas.

b) Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de sustancias adictivas ou de cualquera outra adicción que produzca efectos persoais ou sociais de natureza semellante.

c) Ter a condición de vítima de violencia de xénero.

d) Ser unha persona vítima de violencia doméstica.

e) Ter unha discapacidade valorada superior ao 33%.

f) Ser inmigrante ou emigrante retornado/a.

g) Proceder de institucións de protección o reeducación de menores.

h) Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria.

i) Ser unha persona sen fogar ou habitar en infravivenda.

j) Pertencer a unha minoría étnica.

k) Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.

l) Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.

m) Cualquera outro factor non previsto expresamente neste artigo sempre que, ponderado polos servicios sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral. Esta ponderación poderá ser tamén obxecto de avaliación por parte das persoas técnicas da Comunidade Autónoma.

Estas axudas estarán cofinanciadas nunha porcentaxe do 95% pola Unión Europea, no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027 dentro do Obxectivo político 4. "Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo dos dereitos sociais"; Prioridade 6. "Accións sociais innovadoras"; Obxectivo específico ESO4.1 e Medida 6.A.01. "Prácticas formativas en paises europeos. Iniciativa Alma."

Máis información do programa (Folleto informativo)

valoReSC

ValoReSC innovation é unha organización sen ánimo de lucro, coas túas donacións e axuda podemos por en marcha proxectos sociais e educativos.

Asóciate

Asociáte para colaborar por un mundo mellor e máis xusto, podes axudarnos mediante voluntariado ou doazóns. Envíanos unha mensaxe cos teus datos para enviarche información para colaborar.

Preferencias de privacidade

Xestión de consentimientos

Cookies utilizadasObrigatorias

Obrigatorias

Estas cookies son necesarias para o funcionamento do sitio web e non poden ser desactivadas nos nosos sistemas. En xeral, só se establecen en resposta a accións realizadas por vostede que equivalen a unha solicitude de servizos, como establecer as súas preferencias de privacidade, iniciar sesión ou encher formularios.

Cookies utilizadas Obrigatorias

PHPSESSID, ValoReSConlineCookieAnalitycs, ValoReSConlineCookie

Analíticas

Estas cookies permítennos medir o número de visitas e coñecer as fontes de tráfico. Axúdannos a saber que páxinas son as máis e as menos populares e a coñecer como se moven os visitantes polo sitio. Toda a información que estas cookies colleitan é agregada e por tanto anónima. Se non autoriza estas cookies, non saberemos cando visitou o noso sitio.

Cookies utilizadas
Opcións
Cómo anular consentimento
_ga,_gid,_gat,

google.com

_ga,_gid,_gat,
¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.
Opcións