Un tema importante a tratar é a base dos nosos coñecementos, a obtención e adquisición dunha titulación académica hoxe en día é imprescindible para insertarnos laboralmente con máis facilidade xa que cada vez estamos máis preparados debido ás esixencias do mercado laboral e a competencia é cada vez máis alta, por eso debemos ter un currículum o máis completo posible e cunha formación adecuada á demanda do mercado actual.

Enxeñería informática

A informática e a tecnoloxía cada vez está máis avanzada e a creación e deseño de novas tecnoloxías emerxentes marca esta carreira como unha das que máis saídas laboráis ten, ademáis tamén ten numerosas especialidades e un abanico de posibilidades moi amplo.

Comercio e marketing

O impacto que supón a tecnoloxía e o crecemento do sector nestes puntos é cada vez maior. Facilitan o desarrollo da empresa e a redefinición dos sectores empresariais, creando novas ferramentas e postos de traballo emerxentes na sociedade actual.

Enxeñería de telecomunicacións

Outra das enxeñerías con máis impacto na sociedade mercantil, o manexo das TIC está a orde do día, por iso esta carreira segue sendo unha das máis atractivas e exitosas para o público e xera bastantes postos de traballo. Os expertos neste sector son os encargados do deseño, desarrollo e investigación dos sistemas de comunicación.

Enxeñería industrial

É outra das enxeñerías con máis demanda laboral, según datos estadísticos sacados de distintas páxinas web existe unha alta demanda de postos ofertados polas empresas que solicitan un enxeñeiro industrial para levar a cabo distintas funcións dentro da empresa.

Enxeñería electrónica industrial

Debido o auxe da innovación tecnolóxica é unha das carreiras máis demandada.

Pedagoxía e psicoloxía

Debido a importancia da sociedade e o sistema educativo son carreiras tamén moi demandadas, a innovación e evolución da educación e os novos sistemas de aprendizaxe.

ADE, Economía e Dereito

Dúas carreiras universitarias que seguen despuntando na lista, existen diversos campos de especialización en ambas e son carreiras necesarias en todo tipo de actividades empresariais e proxectos de emprendemento.

RRHH

O mercado laboral vai evolucionando e precísanse novos retos, proxectos e extratexias de mercado, estes atópanse nunha continua evolución, por iso as relacións laboráis e a área de recursos humanos marcan un punto de inflexión dentro das máis solicitadas no sector empresarial.