IKIGAI, o Clube do Talento Sénior, é o primeiro clube galego de talento sénior, unha comunidade en rede, e un punto estable de talento sénior que cunha marca propia, está fomado por varias persoas maiores expertas en distintas áreas.
Maiores de 55 anos expert@s en distintas áreas fanse visibles, axudan a crear FUTURO, asesoran e emprenden, e a súa experiencia é un VALOR SOCIAL para a XUVENTUDE, as MULLERES e a SOCIEDADE en xeral.
No noso obxectivo inverso o traballo en rede permítenos tamén que o envellecemento destas persoas sexa activo e máis humano, amable e pleno para el@s mesmos, máis motivados, integrados e apoiados tamén socialmente xerando un efecto positivo na súa saúde física e mental.I
Algunha das actividades relacionadas co medio ambiente
Visita da Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Continuamos coa tecnoloxía, as nosas persoas maiores adquiren competencias TICS e en materia dixital, levamos tempo traballando para que manteñan activas estas habilidades e poidan seguir aprendendo novas ferramentas
Continuamos a colaboración con membros do grupo SECOT e levamos a cabo NETWORKING empresarial
Participamos en distintas formacións no ámbito rural
Algunha das actividades relacionadas coa igualdade de xénero
Contacontos pola igualdade de xénero en colaboración dunha das voluntarias sénior, nunha das actividades de conciliación da nosa entidade.
Identificando necesidades
Un dos últimos reencontros con algúns dos membr@s do programa IKIGAI, voluntariado sénior.
A tope coa tecnoloxía
Unha das nosas voluntarias realizando chamadas a persoas usuarias do programa de inclusión social para a detección de necesidadedes, e poñéndose o día coas novas tecnoloxías.
Rompendo estereotipos
Algunha das actividades están orientadas a eliminar estereotipos sobres as persoas maiores e axudarnos a crear unha imaxe máis social e dinámica deste colectivo fomentando a cooperación interxeracional, imaxe nun dos talleres de ferramentas para a búsqueda de emprego, contando coa experiencia vital dun dos membros de voluntariado sénior.
Por un mundo mellor
Estas últimas semanas fixemos actividades relacionadas coa igualdade de xénero, mentorizamos a persoas vvx e a persoas en exclusión social, colaboramos na formación para o emprego a persoas en exclusión. Ademis vimos de axudar á participación de valoReSC na Feira de Igualdade Art Woman na que promocionamos a actividade contos singulares pola igualdade no mundo.
Identificando necesidades
Pois estes días andamos pensando 😊 dándolle á cabeza para promover actividades orientadas á innovación e investigación en relación co benestar das persoas maiores e actividades orientadas á catalogación de necesidades comunitarias destinadas a recoller iniciativas de mellora dos servizos comunitarios. Para iso reunímonos algunhas persoas maiores con inquedanzas e de distintas áreas (educativa, empresarial, etc para poñer en común necesidades e ideas).
A tope coa tecnoloxía
Neste Clube as TICs non son un obstáculo senón unha oportunidade de aprendizaxe e de mellora continua para ter a nosa mente activa e retala a novos coñecementos.
Rompendo estereotipos, e conectando con outras xeracións
Algunhas actividades están orientadas a eliminar estereotipos sobres as persoas maiores e axudarnos a crear unha imaxe máis social e dinámica deste colectivo do que formamos parte, e a fomentar a cooperación interxeracional entre as persoas mozas e persoas maiores, como xeito de aprendizaxe mutuo. Sentímonos de maravilla cando interectuamos con xente nova e aprendemos xunt@s.