Damos protección e oportunidades sociais e educativas a menores e a persoas en risco de conflito ou desamparo. Estamos a traballar con nenos e nenas e xoves co apoio dunha Fundación Internacional para educar no emprendemento sostible a través do proxecto APRENDER A EMPRENDER que existe noutros países.
Previmos a aparición de calquera situación de dependencia, exclusión, discapacidade ou desprotección a través da información, a formación e a educación especialmente a xoves e nenos/as. Estamos a traballar neste eido sensibilizando en temas tan sensibles como a exclusión social no eido laboral nos mozos e mozas “proxecto WORK TALENT, TALENT WORK” así como contra o acoso e o bullying, etc.
Promovemos e dinamizamos a participación comunitaria, o asociacionismo solidario, a axuda mutua ou a implicación da cidadanía na posta en marcha de iniciativas de prevención e mellora da cohesión social. valoReSC e a súa filosofía de colaboración dende a empresa, as organizacións e as persoas leva implícito estes valores de dinamización, participación comunitaria e asociacionismo solidario.
Promovemos en colaboración con centros de ensinanza e outras asociacións e fundacións diferentes programas de innovación educativa, cun alto impacto futuro.