A palabra clave que soará nos próximos anos será a de innovación, pero non todo o mundo é capaz de ter novas ideas ou non lle resulta unha tarea sinxela dar con ideas de negocio, a continuación, citaranse algúns dos nichos de emprego emerxentes nos próximos anos:
- Os chamados negocios verdes ou economía verde: xa que agora está de moda o verde o ecolóxico e cada vez existen máis sectores que con novas ideas de negocio súmanse a esta movilizanción como pode ser o ecoturismo, tendas de alimentación ecolóxica, supermercados, hoteles, restaurantes e incluso novas tecnoloxías limpas que se suman a ésta nova tendencia, xa que co paso dos anos a xente é cada vez máis consciente que hai que coidar o medio ambiente e tamén a saúde polo que éste sería un sector en auxe.
- Agasallos personalizados, estamos aburrecidos do corriente polo que cada vez abren máis negocios que marcan un estilo diferente e persoal xa sexa de roupa, complementos ou todo tipo de axóuxeres personalizados.
- Negocios para persoas maiores, debido a baixa natalidade existente e máis aínda en cidades pequeñas como pode ser Ourense, estes negocios son unha boa fonte de ingresos xa que a media de idade na cidade é de 50,97 anos calculado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), somos a provincia que encabeza a lista de España.
- As tecnoloxías da información e da comunicación, son as que máis avance xeran nos últimos anos e é que a realidade deste sector e que os avances ocorren de maneira axigantada: a creación de robots, chips, ciber seguridad, big data, impresión 4D, é a chamada Xeración Z, ou Xeración do Milenio.
- Servicios a persoas no domicilio, xa que cada vez os ciudadáns buscan máis a súa comidade e ao mesmo tempo que as compras por internet van en aumento, tamén se suman os servicios prestados no propio domicilio do cliente pola comodidade que esto supón.