Promovemos comunidades colaborativas, onde se deseñen proxectos con diferentes persoas e profesionais que busquen uns mesmos obxectivos. Especialmente no ámbito rural, onde identificamos o abandono, envellecemento da poboación e certo abandono, onde cremos existe un potencial enorme, apostamos polo desenvolvemento rural.


No ámbito educativo, tamén provemos a visión colaborativa con programas específicos para a infancia e xuventude.


Buscamos ocos para que educación chegue ata os grupos máis desfavorecidos
, como son as zonas rurais e as máis deprimidas ou remotas con menos oportunidades, áreas non obstante con potencial de desenvolvemento.

Axudamos aos nenos/as e mozos/as dende a colaboración para ter unha formación competitiva para o futuro sempre dentro dun marco de valores e ética.