RESOLUCIÓN de 12 de junio de 2020, de la Secretaría General Técnica de la
Consellería de Sanidad, por la que se da publicidad del Acuerdo del Consello de la Xunta, de 12 de junio de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para hacer frente a la crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19, una vez superada la fase III del Plan para la transición hacia una nueva normalidad.
RESUMO DAS MEDIDAS DE SEGURIDADE:
Distancia de seguridade interpersoal: polo menos, 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara e etiqueta respiratoria.
Sen prexuízo das normas específicas que se establezan, serán aplicables a todos os establecementos, e espazos de uso público as seguintes medidas: A persoa titular da actividade económica deberá asegurar que se adoptan as medidas de limpeza e desinfección adecuadas ás características e intensidade de uso dos establecementos, locais, instalacións ou espazos recollidas a continuación. Nas tarefas de limpeza e desinfección prestarase especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes como pomos de portas, mesas, mobles, pasamanos, chans, teléfonos, perchas e outros elementos de similares características, conforme ás seguintes pautas: Utilizaranse desinfectantes como diluciones de lixivia recentemente preparada ou calquera dos desinfectantes con actividade viricida. No uso dese produto respectaranse as indicacións da etiqueta. Tras cada limpeza, os materiais empregados e os equipos de protección utilizados refugaranse, procedéndose posteriormente ao lavado de mans. As medidas de limpeza estenderanse tamén, no seu caso, a zonas privadas das persoas traballadoras, tales como vestiarios, despachos de billetes, aseos, cociñas e áreas de descanso.
Cando haxa postos de traballo compartidos por máis dunha persoa, estableceranse os mecanismos e procesos oportunos para garantir a higienización destes postos. Procurarase que os equipos ou ferramentas empregados sexan persoais e intransferibles, ou que as partes en contacto directo co corpo da persoa dispoñan de elementos sustituibles. No caso daqueles equipos que deban ser manipulados por diferente persoal, procurarase a dispoñibilidade de materiais de protección ou o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso.
No caso de que se empreguen uniformes ou roupa de traballo, procederase ao lavado e desinfección regular dos mesmos, seguindo o procedemento habitual.
Deben realizarse tarefas de ventilación periódica nas instalacións e, como mínimo, de forma diaria e durante o tempo necesario para permitir a renovación do aire.
Cando os centros, entidades, locais e establecementos dispoñan de ascensor ou montacargas, utilizaranse preferentemente as escaleiras. Cando sexa necesario utilizalos, a súa ocupación máxima será dunha persoa, salvo que se trate de persoas conviventes ou que empreguen máscaras todas as persoas.
A ocupación máxima para o uso dos aseos, vestiarios, probadores, salas de lactación ou similares de clientes, visitantes ou persoas usuarias será dunha persoa para espazos de ata catro metros cadrados, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia; nese caso, tamén se permitirá a utilización pola persoa acompañante. Para aseos de máis de catro metros cadrados que conten con máis dunha cabina ou urinario, a ocupación máxima será do cincuenta por cento do número de cabinas persoas usuarias que teña a estancia, debendo manterse durante o seu uso a distancia de seguridade interpersoal. Deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos espazos garantindo sempre o estado de salubridade e hixiene dos mesmos.
Promoverase o pago con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos, así como a limpeza e desinfección dos equipos precisos para iso.
Dispoñerase de papeleiras para depositar panos e calquera outro material desechable, que deberán ser limpadas de forma frecuente e, polo menos, unha vez ao día.
Aqueles materiais que sexan fornecidos aos usuarios durante o desenvolvemento da actividade e que sexan de uso compartido deberán ser desinfectados despois de cada uso.
MEDIDAS DE HIXIENE EN ESTABLECEMENTO E LOCAIS
- Os establecementos realizarán, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións, con especial atención a zonas de uso común e superficies de contacto máis frecuentes.
- Deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal coa persoa vendedora ou provedor/a de servizos, que poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira. Senón puidese manterse a distancia de seguridade interpersoal, deberá utilizarse o equipo de protección adecuado ao nivel de risco que asegure a protección.
MEDIDAS APLICABLES A CENTROS COMERCIAIS E PARQUES COMERCIAIS ABERTOS O PÚBLICO.
- Uso de aseos familiares e salas de lactación restrinxirase a unha única familia, non poderán compaxinar o seu uso dúas unidades familiares e deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos espazos garantindo sempre a súa hixiene.
- O uso dos aseos e salas de lactación comúns dos centros e parques comerciais deberá ser controlado polo persoal dos mesmos, e deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos espazos garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.
- Deberase proceder diariamente á limpeza e desinfección das zonas comúns e zonas recreativas dos centros e parques comerciais.
CELEBRACIÓN DE CONGRESOS, ENCONTROS, REUNIÓNS DE NEGOCIOS,
CONFERENCIAS, EVENTOS E ACTOS SIMILARES.
Poderán celebrarse congresos, encontros, reunións de negocios, conferencias e eventos e actos similares, sempre que non se supere o 75% do aforo permitido do lugar de celebración e cun límite máximo de 300 persoas sentadas en lugares pechados e de 1000 persoas sentadas, sendo ao aire libre.
ESTABLECEMENTOS DE HOSTELERÍA E RESTAURACIÓN
- Os establecementos de hostalería e restauración non poderán superar o 75% do seu aforo no interior do local.
- O consumo dentro do local poderá realizarse en barra ou sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, debendo asegurarse o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes ou, no seu caso, grupos de clientes situados na barra ou entre as mesas ou, no seu caso, agrupacións de mesas.
- As terrazas ao aire libre limitarán o seu aforo ao 80% das mesas permitidas no ano anterior na licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso que a licenza sexa concedida por primeira vez.
- En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, no seu caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de 25 persoas por mesa ou agrupación de mesas.
ACTIVIDADES EN ACADEMIAS, AUTOESCOLAS Y CENTROS PRIVADOS DE
ENSINANZA NON REGLADA E CENTROS DE FORMACIÓN.
Academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación, poderán impartir de modo presencial a súa actividade sempre que non se supere o aforo do 75% respecto do máximo permitido, máximo 25. Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara. No caso de utilización de vehículos, será obrigatorio o uso de máscara tanto polo persoal docente como polo alumnado ou o resto de ocupantes do vehículo.
VELORIOS E ENTERROS
Os velorios poderán realizarse cun límite máximo, de 60 persoas en espazos ao aire libre ou de 30 persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes. A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de 65 persoas. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara. A asistencia a lugares de culto non poderá superar o 75% do aforo. O aforo máximo deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.
Para acceder á Resolución completa pinchar na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200613/AnuncioC3K1-120620-1_es.pdf