Saídas profesionais máis demandadas

O impacto da tecnoloxía e a dixitalización das empresas e dos medios xerou un gran cambio no panorama laboral. As profesións con máis saídas laboráis están directamente relacionados por estos factores, a continuación cítanse as especialidades con máis saída laboral e menos tasa de paro, así cómo os máis demandados:

Especialistas en marketing dixital.

As grandes empresas asumen a súa total dixitalización para acadar os seus obxetivos de mercado e estar o día nas últimas tendencias, para elo perfís profesionais como especialistas en marketing dixital, content managers, comerciais dixitais, son cada vez máis demandados. Esto leva a cabo un avance para as empresas en plataformas como project managment, xestión en redes sociais, páxinas web, etc.

Big data e ciberseguridade

Os expertos en big data son un perfil profesional altamente demandado polas empresas en España. Os expertos capaces de captar, interpretar e comparar datos informáticos para levalos a cabo nos campos empresariais está en auxe, expertos en matemáticas, estadística, enxeñería informática e marketing dixital especialízanse cada vez máis nestos sectores.

Profesionais en ciberseguridade, levan a cabo o control e a seguridade dos programas informáticos da empresa para evitar o acceso de terceiros para garantir así a seguridade da información sensible que poida ter a empresa.

Enxeñería informática e industrial

As enxeñerías sempre foron un sector importante nas empresas, xa que é preciso especialistas neste sector para garantir o bo funcionamento das empresas, xa sexa de mantemento e control das tecnoloxías e no referido a industria. Ambos son imprescindibles para as empresas para o desarrollo das novas tecnoloxías.

Programadores e deseñadores web de aplicación

Hoxe en día as facilidades que nos aportan as páxinas web son ilimitadas e buscando as comodidades para os clientes é imprescindible o deseño e desarrollo de páxinas web nas empresas, que facilitan os servizos prestados pola empresa aos clientes de forma sinxela e cómoda. Así ocupan un lugar importante tanto os programadores de sistemas informáticos como os deseñadores de páxinas web.